Ence apoia o deporte de base da comarca co Plan Social de Pontevedra

Ence apoia o deporte de base da comarca co Plan Social de Pontevedra

18 de xullo de 2017.- Ence continúa avanzando na presentación e firma dos convenios do Plan Social Pontevedra 2017, coa terceira entrega no ámbito de deportes e sétimo de todo o programa. Cincuenta e tres entidades deportivas foron beneficiarias do Plan Social, no que destaca a gran diversidade de beneficiarios, desde clubs de base, ata eventos consolidados no programa deportivo de Pontevedra e a súa comarca.

Nesta ocasión, o lugar escollido para a firma dos convenios foi a piscina Olímpica Rías do Sur, a única instalación desas características na provincia de Pontevedra que, co paso dos anos, converteuse nun dos grandes escenarios da natación española, acollendo grandes competicións internacionais.

A elección deste escenario non foi unha casualidade, xa que Ence está vinculada a esta instalación deportiva pontevedresa desde a súa creación, xogando un papel fundamental na creación e consolidación do proxecto, xa que desde o día da súa inauguración a compañía proporciona enerxía que quenta as tres láminas de auga do Complexo situado en Ponte Muiños. É outro exemplo da achega de Ence á súa contorna próxima, e mostra dun dos compromisos do recentemente presentado «Decálogo de Ence para a Sustentabilidade da biomasa como combustible», no que se recolle que a compañía impulsará o aproveitamento da calor útil residual das súas plantas para outras industrias e usos locais.

A empresa apoia o soño deportivo de 53 proxectos da comarca de Pontevedra cunha importante contribución que axudará a moitos clubs para continuar co seu labor deportivo e de formación, xa que todos os beneficiarios destacan no deporte de base. A compañía mostra o seu apoio con este acto a entidades de fútbol, fútbol sala, atletismo, ximnasia rítmica, baloncesto, balonmán, taekwondo, loita, kaiak ou waterpolo dos concellos de Pontevedra, Poio e Marín que destacan pola súa traxectoria.

Ence, sensible á realidade da comarca de Pontevedra considerou necesario apoiar o esforzo dos clubs e o seu traballo. Con este plan refórzase a dedicación dos deportistas, adestradores e directivos, en moitos casos desinteresados, que suplen co seu sacrificio a falta de medios.

Esta web utiliza cookies propias y de terceros para su correcto funcionamiento y para fines analíticos. Contiene enlaces a sitios web de terceros con políticas de privacidad ajenas que podrás aceptar o no cuando accedas a ellos. Al hacer clic en el botón Aceptar, acepta el uso de estas tecnologías y el procesamiento de tus datos para estos propósitos. Más información
Privacidad